8M Fotografías do proxecto "As mulleres tamén contan"
8M: As mulleres con problemas de saúde mental tamén contan nunha sociedade que as invisibiliza
As mulleres con problemas de saúde mental son un colectivo frecuentemente invisibilizado e pouco considerado nunha sociedade na que prima a supremacía do home e na que existe unha importante discriminación cara a discapacidade. Por iso, a iniciativa “Elas tamén contan” pretende dar protagonismo a estas mulleres a través dunha serie fotográfica composta por 15 retratos de 5 mulleres.Este proxecto foi realizado grazas á colaboración de Pedrido Fotografía a través do seu programa Agarimo de Responsabilidade Social Empresarial, o cal favorece o desenvolvemento de accións socialmente comprometidas coa visibilización de colectivos en situación de vulnerabilidade.
As imaxes serán presentadas e difundidas de xeito dixital nas redes sociais de Saúde Mental FEAFES Galicia durante a semana do Día da Muller, que se conmemora o 8 de marzo. A iniciativa tamén consta dunha exposición virtual a través dunha galería dixital onde poderán verse todas as fotografías. Xunto aos retratos, a campaña inclúe unha serie de testemuños das mulleres nos que expresan as súas inquedanzas e fortalezas, permitindo así coñecelas máis e achegarnos ás súas experiencias de vida.
VER TODAS AS FOTOGRAFÍAS AQUÍ.
Mulleres e saúde mental, unha tripla discriminación
As mulleres con problemas de saúde mental experimentan unha tripla discriminación debido á súa condición: o rexeitamento que provoca a discapacidade, o estigma asociado aos problemas de saúde mental e a discriminación derivada de ser muller. Isto provoca un gran prexuízo social e importantes dificultades no eido laboral, pois as mulleres con problemas de saúde mental son dos colectivos que atopan máis obstáculos para acceder a un posto de traballo. Como consecuencia, carecen de recursos económicos polo que a miúdo son dependentes das súas parellas.
Por outra banda, as mulleres con problemas de saúde mental ven frecuentemente dificultado o exercicio da súa maternidade, baseándose na falsa crenza de que non van ser capaces de ofrecer unha crianza sa ou ter un vínculo maternofilial axeitado. Nos casos máis extremos, o diagnóstico utilízase como argumento para quitarlles a custodia dos seus fillos ou fillas.
Tamén é un feito recoñecido que a violencia de xénero exercida sobre as mulleres con problemas de saúde mental, moitas veces por parte das súas parellas e ex-parellas, é máis frecuente que a que se exerce sobre o resto das mulleres.
Con todo, a pesar de que a saúde mental das mulleres se recoñece como o campo de maior impacto no benestar individual, familiar e social, non existe unha abordaxe de xénero nas políticas de saúde mental. Tamén é escaso o enfoque de xénero nas intervencións sanitarias e sociais dos problemas de saúde mental, así como na avaliación das mesmas.
Un programa para a atención integral a mulleres
O “Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade”, no cal se engloba a iniciativa “Elas tamén contan”, trata de fomentar a igualdade de oportunidades para reducir a discriminación que sofren as mulleres con problemas de saúde mental. Financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e executado por Saúde Mental FEAFES Galicia, o obxectivo deste programa é dotar ás participantes dunha maior autonomía e independencia que permitan mellorar a súa situación persoal, social e laboral, ofrecendo deste xeito unha atención personalizada e especializada a cada unha delas.Moitas grazas a Feafes Galicia pola súa implicación neste precioso proxecto feito con moito agarimo.
P.D. ¿Te apetece un recorrido por nuestras acciones de RSE?
Si así lo deseas partiendo de esta exposición pictórica de la Asociación de Andaina Pro Saúde Mental te llevaré de viaje a una entrevista a una persona muy especial de Andaina que es la docente de pintura de la asociación.
Continuaremos el viaje por una campaña en favor de Cáritas para hacer más felices a los niños. Ya que estamos ilusionados vamos en moto para hacer una parada para hacer las fotografías del calendario motero en favor de Galiciame al terminar cogeremos lo moto siempre con precaución para llevarnos a otra exposición para poner en valor la belleza interior de una serie de mujeres continuamos el recorrido en los desayunos temáticos hablando de diversidad, RSE y fotografía de RSEInnolab en Vigo para terminar en Santiago de Compostela premiando a las personas que cuidamos el medio ambiente por medio del reciclaje, puedes ver también las fotografías de la inauguración del Belén de Conxo y con una entrevista con fotografías a la compañía de teatro Cavort A.C. conmemorando el día mundial del teatro.
Todavía no hay reseñas.